Oliver Laxe acompañado do conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, o director de Agadic, Jacobo Sutil e o delegado da Xunta en Lugo, Javier Arias, preestrenou o seu novo filme “Sirat” no municipio de Navia de Suarna.
A nova película de Oliver Laxe que acadou o Premio do Xurado no Festival de Cannes, chega aos cines o vindeiro venres 6 de xuño e conta a historia dun pai que, xunto co seu fillo, chega a unha rave no deserto de Marrocos buscando a outra filla desaparecida.
Javier Arias sinalou“o fito que supón para o noso audiovisual ter recibido este galardón que reflicte a calidade e talento dos nosos creadores”. Neste senso, resaltou o compromiso do Goberno galego con esta industria e incidiu “na intención de seguir mantendo o apoio ao sector para facer que a cultura galega siga a medrar”.