Segundo os populares, ”con 121 millóns de orzamento, Lugo debería ser referente en atención social da provincia, pero dedica menos do 5% do presuposto ao SAF, mentres concellos máis pequenos e con moita menos poboación invisten porcentaxes por riba do 35%”.
Elena Candia explicaba que, “segundo a Lei de Servizos Sociais de 2008, aprobada polo bipartido, a xestión do SAF é unha responsabilidade municipal, e que en Lugo presta o servizo a empresa Aralia (a mesma do caso tráxico do Porriño) cun custo de 5,3 millóns de euros ao ano sen IVE”.
O PP anuncia que levará a pleno unha iniciativa para avanzar na municipalización do SAF, e comprométese a que, se o actual goberno non dá ese paso, o fará o Partido Popular cando goberne.
O actual contrato coa concesionaria asinouse en xullo de 2024 por dous anos, polo que rematara no vindeiro 2026.