Os bombeiros liberaron un home ao que lle quedou o pé atrapado baixo o tronco dunha árbore en Sober

Os feitos ocorreron pasadas as 16:40 horas desta tarde, e foi un particular quen alertou aos xestores do 112 Galicia de que un home sufrira un accidente nun monte situado en Viloudriz, na parroquia de Refoxo (Sober).

Os Bombeiros de Monforte chegaron rapidamente ao lugar e liberaron ao ferido levantando a árbore, tralo que foi evacuado ao hospital nunha ambulancia de Urxencias Sanitarias de Galicia-061.

Tamén se informou á Garda Civil e aos voluntarios de Protección Civil de Sober.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com