Os bombeiros rescataron un home que resultou ferido ao caer nunha zona de difícil acceso en Quiroga

Foi unha familiar quen alertou ao 112 Galicia, pouco antes das 14 horas: o home sufriu un accidente cando se atopaba nunhas colmeas no lugar de San Pedro, en Quintá de Lor. Como resultado, quedou ferido nunha perna.

De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitouse a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros de Monforte, do GES de Folgoso do Courel e da Garda Civil.

Os bombeiros procederon co rescate do ferido, que foi atendido e trasladado polos profesionais sanitarios.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com