Esta semana os Codex Cinema estrea os filmes “JANE AUSTEN ARRUINOUME A VIDA” e “A CHEGADA DO FILLO”.
“JANE AUSTEN ARRUINOUME A VIDA”, comedia romántica, moderna que revaloriza as historias de amor do pasado.
Sinopse: Agathe é unha persoa encantadora pero torpe e contraditoria, traballa nunha librería de París, a lendaria librería británica Shakespeare & Co, aspira a converterse en escritora e soña con vivir unha historia de amor digna dunha novela de Jane Austen. Mais a vida non está á altura da imaxinación nin das promesas da literatura. Cando recibe unha invitación a unha residencia de escritores en Inglaterra, vese obrigada a afrontar esas contradicións, inseguridades e temores, se quere que os seus soños se fagan realidade.
“A CHEGADA DO FILLO”, un filme arriscado que narra a turbia relación que se establece entre unha nai e o seu fillo
Sinopse: Sofía viviu durante anos sumida nun loito secreto. Cando o seu fillo regresa a casa despois de moito tempo en prisión, enfróntanse a unha verdade que ambos intentaran esquecer. Agora terán a oportunidade de afrontar o pasado, superar o acontecido… Pero pode unha nai perdoar todo ao seu fillo?