Este venres, os Codex Cinema estrean os filmes “TRES AMIGAS” e “KÖLN 75”.
“TRES AMIGAS”, filme divertido, nominado ao León de Ouro á Mellor película no festival de Venecia.
Sinopse: Joan xa non está namorada de Víctor e sufre por non estar sendo honesta con el. Alice, a súa mellor amiga, intenta consolala confesándolle que ela tampouco sente paixón pola súa parella, Eric, aínda que a súa relación mantense estable e mesmo vai ben; o que Alice non sabe é que Eric ten unha relación con Rebeca, a súa amiga común. Cando Joan finalmente decide deixar a Víctor e este desaparece sen deixar rastro, as vidas das tres amigas vense sacudidas por secretos, traizóns e revelacións inesperadas.
A outra estrea da semana é “KÖLN 75”, filme alemán que é un biopic musical e extravagante e moi divertido.
Sinopse: a historia real de Vera Brandes, a icónica moza promotora da escena musical de Colonia nos anos setenta, que arriscou todo para organizar o maior concerto en solitario da historia da música: o lendario Concerto de Colonia (“The Köln Concert”, 1975) do pianista de jazz Keith Jarrett.