Esta semana os Codex Cinema estrean a película “JULIETTE EN PRIMAVERA”, filme francés dirixido por Blandine Lenoir, cun excelente reparto, nunha historia grata e delicada, unha comedia tenra e dolorosa como a vida mesma.
Sinopse: Juliette, unha moza ilustradora de libros infantís, deixa a cidade para reunirse durante uns días coa súa familia: o seu pai, tan modesto que só pode expresarse entre bromas, a súa nai, pintora que goza da vida ao máximo; a súa querida avoa, que comeza a perder o control, e a súa irmá, unha nai abrumada pola vida rutineira. Tamén se cruza no seu camiño Pollux, un home encantador. Neste feliz caos, as lembranzas e os secretos sairán á luz.