Os Codex Cinema estrean esta tarde o documental “O Camiño de Cova Eirós”

Os Codex Cinema estrean esta tarde o documental “O Camiño de Cova Eirós” nun pase especial na que o director, Xosé González Varela, fará unha breve presentación e ao remate da proxección haberá un coloquio.

O documental dunha duración aproximada de 52 minutos e é o traballo de máis dunha década de investigación. Foi polo ano 2012 cando Xosé González decidiu seguir a un grupo de arqueólogos que descubriron as primeiras pinturas rupestres de Galicia na Cova Eirós, situada en Triacastela, onde ademais atoparon restos de Homo Sapiens e evidencia da presenza de neandertais.

Sinopse: En 2012 un grupo de arqueólogos descubre as primeiras pinturas rupestres de Galicia no interior da Cova de Eirós, nos Ancares lucenses. Este documental retrata a súa labor ao longo de varios anos, achegándose ao traballo arqueolóxico dunha forma íntima e minuciosa como nunca antes se mostrara.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com