Este venres, os cines Codex estrean os filmes “Kontinental ’25” e “A vida fóra”.
“Kontinental ’25”, dirixida por Radu Jude, este filme gañou o premio “Oso de Plata-Mejor guión (Radu Jude)” no Festival Internacional de Berlín, 2025, ademais de premios á Mellor actriz, no Festival de Xixón 2025 e no Festival Internacional de Chicago.
Sinopse: Orsolya é unha axente xudicial en Cluj, a principal cidade de Transilvania. Un día ten que levar a cabo un desafiuzamento e desaloxar a un home que vive no soto dun edificio do centro destinado a converterse en hotel de luxo. Pero un suceso inesperado confróntaa coas súas propias contradicións, provocándolle unha crise moral que intentará resolver o mellor que poida.
A outra estrea da semana é a película “A vida fóra”, filme dirixido por Mario Martone e baseado na vida e na obra da escritora italiana Goliarda Sapienza
Sinopse:Roma, 1980. Despois de que a súa gran obra, na cal estivo traballando ao longo dunha década, sexa rexeitada polo mundo editorial italiano, a escritora Goliarda Sapienza acaba no cárcere por roubar xoias. Alí, o contacto con mozas reclusas convértese nunha experiencia que cambiará a súa vida. Cando sae en liberdade, as mulleres reencóntranse e Goliarda establece un profundo vínculo con Roberta, reincidente e activista política. Malia que realmente ninguén de fóra entende esa conexión, a través da mesma Goliarda redescubre a alegría de vivir e o impulso para escribir de novo.




