A secretaria xeral do PP de Galicia Paula Prado, en declaracións aos medios en Viveiro, pediu ao Psoe que !se deixe de dar leccións, e se dedique a aplicalas”.
Aproveitando a súa estadía na Mariña subliñou que, mentres ao exalcalde de Cervo e ex conselleiro do Mar Alfonso Villares, se lle esixiu ”unha dimisión con todas as letras”, Tome só renunciou ao seu cargo como Presidente da Deputación, pero segue como alcalde de Monforte e deputado provincial.
Prado reiterou que “é unha dimisión parcial que o PP non admite” e subliñou que os populares pediran onte a súa dimisión”
Tamén incidiu na “hipocresía do BNG” que se reivindica como “feminista” pero a realidade e que “o único que lle preocupa e manterse no poder”






