O Concello de Lugo pechará os parques da cidade a partir das 09:00 horas de mañá, mércores 21 de xaneiro, ante a previsión da Axencia Estatal de Meteoroloxía da chegada dun fenómeno meteorolóxico adverso de nivel amarelo durante o día de mañá, por ventos de compoñente sur que poden deixar refachos de ata 70 quilómetros por hora e que afectarán ao centro da provincia de Lugo.
Dende Transición Ecolóxica explícase que operarios dos servizos municipais precintarán, por tanto, os parques de Rosalía de Castro, Frigsa, Paxariños e Marcos Cela, quedando prohibida a entrada aos mesmos dende ese momento.
Ademais, faise un chamamento á cidadanía para pedirlle que respecten estas limitacións e que non se acheguen ata as zonas verdes municipais con arboredo ata que remita este temporal, evitando correr riscos innecesarios para non poñer en perigo a súa seguridade.





