Durante a proba, o circuíto estará pechado ao tráfico rodado, agás en dous tramos habilitados para a circulación controlada de vehículos. A Avenida Ramón Ferreiro, desde Rúa Cornubia ata Fonte do Rei, contará cun carril no lado dereito para o tránsito de vehículos, ademáis da Rolda da Muralla, desde Rúa San Roque ata a intersección con Rúa Monforte, onde o carril esquerdo estará reservado para os corredores mentres que se permitirá o tráfico no dereito. O aparcadoiro do edificio Seminario permanecerá pechado durante a mañá do domingo 18.
Para a montaxe e desmontaxe da infraestrutura, a Praza Horta do Seminario e o tramo de Avenida Ramón Ferreiro entre Avenida Alcalde Anxo López Pérez e Salvador de Madariaga estarán pechados ao tráfico desde o sábado 17 ás 9:00 ata o domingo 18 ás 20:00. Ademais, dende o domingo 18 ás 00:00 ata as 13:00, non se permitirá estacionar na Avenida Rodríguez Mourelo (lateral dereito dende Avenida Ramón Ferreiro ata Praza de Avilés), Avenida Doutor García Portela (lateral dereito segundo o sentido da circulación) e Avenida Alcalde Anxo López Pérez (lateral esquerdo cara a Mosqueira, incluíndo beirarrúa do Edificio Administrativo do Concello, Colexio Maristas e Praza da Constitución).
A organización instalará valos e sinais informativos nos puntos de corte e nas zonas de aparcamento afectadas, ademais de informar á veciñanza con antelación mediante carteis nos portais e garaxes afectados desde o xoves 15 ata o sábado 17 de maio.
Ademais, informarase da celebración do evento á Estación de Autobuses, Radiotaxi e empresa de autobuses urbanos para minimizar as molestias no transporte público.
Durante o desenvolvemento da proba permitirase a saída controlada dos residentes polo Carril dos Loureiros, Rúa Vilalba en sentido contrario pola Rolda da Muralla ata Rúa Santiago.