O Concello de Lugo vén de activar un Plan Especial de Tráfico para garantir a seguridade e a boa organización durante a celebración das festas do Arde Lvcvs 2025, que terán lugar os días 12, 13, 14 e 15 de xuño nas rúas e espazos públicos da cidade. Este plan contempla diversos cortes e restricións puntuais de tráfico que afectan a distintas zonas, en función dos actos programados e da previsión de asistencia masiva de público.
Xoves, 12 de xuño
- A partir das 20:30 h procederase ao corte do tráfico na contorna da Ponte Romana, tanto na marxe norte como na sur do río Miño, coincidindo coa chegada das lexións romanas.
- Desde as 8:00 h cortarase o tráfico na Avenida Ramón Ferreiro (tramo entre a rúa Salvador de Madariaga e a glorieta Xaquín Lorenzo), onde se instalarán postos de restauración. Esta zona permanecerá pechada ata o luns 16 pola mañá.
Venres, 13 de xuño
- A Rúa Quiroga Ballesteros e a Praza de Santo Domingo, serán unha zona de alto tránsito peonil e tamén o punto de saída e chegada de tódolos espectáculos itinerantes que tamén inclúen postos de comida, polo que o tránsito de vehículos será desviado cara á Rúa San Marcos os días 13, 14 e 15 de xuño.
Sábado, 14 de xuño
- A partir das 7:00h e ata o domingo ás 12:00h restrínxese o estacionamento en ambos marxes da calzada da Rúa Anxo López Pérez dende diante de Cantiño Nemesio Cobreros ata Avenida Ramón Ferreiro. Cabe destacar, que dende o venres día 6 débese restrinxir xa o aparcamento de vehículos na Rúa Alcalde Anxo López Pérez, na marxe dereita, dende a entrada ao aparcamento municipal ata Avenida Ramón Ferreiro. Debido ao evento das 18:20 horas do sábado, o Asalto ao Monte Medvlio, faise preciso manter cortada ao tráfico a Avenida Alcalde Anxo López Pérez dende as 18.00 horas. Ao cortar Avenida Alcalde Anxo López Pérez, para os residentes e usuarios do aparcamento subterráneo da Praza da Constitución, darase entrada e saída puntual por Rúa Cidade de Vigo en dobre sentido de circulación. Do mesmo xeito, dando alternativa adecuada de saída da estación a autobuses interurbanos, é necesaria a reserva de espazos de estacionamento en Rúa Catasol.
- Ás 18:00 h terá lugar o Circo Romano na explanada do Palacio Municipal de Deportes, polo que se establecen accesos alternativos e restricións na zona. Ademais, para a montaxe de instalacións foi necesario restrinxir o estacionamento de autocaravanas na explanada do Palacio Municipal de Deportes, habilitando un estacionamento alternativo en San Fiz, Rúa Montirón, fronte ao Laboratorio Nacional de Sanidade Vexetal e Hixiene.
- Ás 20:30 h iniciarase o tradicional Desfile de tropas romanas e tribos castrexas pola Ronda da Muralla, que permanecerá pechada ao tráfico entre as 20:00 e as 21:30 horas. Domingo, 15 de xuño · Ás 11:30 horas celebrarase o desfile de colexios, con saída dende a Praza Santo Domingo e percorrido pola Praza Maior, Praza da Mosqueira e a Ronda da Muralla ata a Porta de San Fernando. Durante o evento cortarase o tráfico na Ronda da Muralla. O Concello fai un chamamento á cidadanía para que siga as indicacións dos corpos de seguridade, empregue o
Domingo, 15 de xuño
- Ás 11:30 horas celebrarase o desfile de colexios, con saída dende a Praza Santo Domingo e percorrido pola Praza Maior, Praza da Mosqueira e a Ronda da Muralla ata a Porta de San Fernando. Durante o evento cortarase o tráfico na Ronda da Muralla.
O Concello fai un chamamento á cidadanía para que siga as indicacións dos corpos de seguridade, empregue o transporte público de ser posible e planifique os seus desprazamentos con antelación. Este operativo de tráfico busca compatibilizar o normal funcionamento da cidade coa celebración dun evento que cada ano atrae a milleiros de persoas. transporte público de ser posible e planifique os seus desprazamentos con antelación. Este operativo de tráfico busca compatibilizar o normal.