Plan específico de tráfico para a marcha ciclista popular con motivo da celebración do 25 Aniversario da proclamación da Muralla como Patrimonio da Humanidade

A concellería de Infraestruturas Urbanas vén de elaborar o Plan de Tráfico específico para a marcha ciclista popular con motivo da celebración do 25 Aniversario da proclamación da Muralla de Lugo como Patrimonio da Humanidade. Esta proba, que terá lugar o vindeiro domingo 30, a partir das 11:45, constará de dúas voltas arredor da Muralla, entrando tamén ao centro da cidade.
O percorrido comezará na Praza da Mosqueira, dando unha volta completa á Muralla (con paradas para o reagrupamento fronte ás portas de Bispo Odoario e na Mosqueira), e unha segunda volta que entrará ao centro a través da rúa Montevideo, continuando por Quiroga Ballesteros, Santo Domingo, Raíña, praza Maior, Bispo Aguirre e saíndo de novo cara a Mosqueira, onde rematará.
Durante o desenvolvemento da proba será necesario limitar temporalmente o tránsito de vehículos pola Rolda da Muralla e limitar os espazos de estacionamento na zona. O Goberno de Lugo informará previamente á veciñanza colocando carteis informativos os días previos ao evento (xoves 27, venres 28 e sábado 29 de novembro) en todos os vaos dos garaxes e portais dos edificios afectados, nos que se dará información detallada sobre as rúas polas que se realiza o evento deportivo e a data e hora do corte de tráfico, para que a veciñanza afectada adopte as medidas oportunas en caso de ter programada unha viaxe.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com