Por unha Facultade de Ciencias da Enfermaría en Lugo

O pasado mes de abril  asinouse o “protocolo xeral de actuación entre a Xunta de Galicia, o Consorcio Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia, as Universidades de A Coruña (ACSUG), Santiago de Compostela e a de Vigo, para ou desenvolvemento dun (suposto) plan de mellora do ensino universitario de enfermería” que afrontará a posta en marcha de medidas destinadas a integrar as Escolas Universitarias de Enfermería dunha maneira plena dentro da universidade, xa que actualmente son centros adscritos ás universidades de Galicia cuxa titularidade pertence á Consellería de Sanidade.

O protocolo asinado polas tres universidades galegas non garante a continuidade das Escolas Universitarias de Enfermeríade Galicia, xa que a reestruturación docente que expoñen é a dunha única facultade por universidade, sen especificar como vai pasar a formar parte a Escola Universitaria de Lugo a Universidade de Santiago pois xa ten unha Facultade de Enfermería en Santiago de Compostela.

En ningún momento se consultou, por parte da correspondentes Consellerías ou do Reitorado da USC, aos actores directamente implicados Escola Universitaria de Enfermaría de Lugo (EUE Lugo), nin tampouco as institución indirectas Academia de Enfermaría de Galicia ou Colexio Oficial de Enfermaría de Lugo.

No protocolo fálase dunha declaración de intencións a catro anos vista, no que se establece un seguimento do mesmo e dos futuros convenios específicos  a través dunha Comisión na que non hai representación das citadas institucións citadas anteriormente, feito este que incrementa aínda máis a nosa preocupación e sospeitas.

A pregunta é clara: como se vai a integrar a Escola Universitaria de Enfermería de Lugo na USC? se na reestruturación a Escola Universitaria de Enfermería de Lugo se integrase como unha “sección” (parece que é o plan previsto), perdería toda a súa autonomía actual pasando a depender totalmente da Facultade de Santiago, o que lle outorga o poder de pechala se así o considera oportuno, no momento que o desexe. Unha sección é efémera e non posúe identidade, nin capacidade xestora.

Como enfermeiras lucenses e profesorado da Escola de Enfermaría de Lugo estamos realmente preocupadas por como se vai a levar a cabo esta integración.

Recordar que a Escola Universitaria de Enfermería de Lugo ten unha traxectoria de máis de cincuenta anos na que se consolidou como centro garante de calidadena formación enfermeira, así o certifica a última acreditación positiva,  realizada pola Axencia Nacional de Avaliación da Calidade e Acreditación (ANECA).

Esta circunstancia danos pe para esixencia de que se integre como Facultade de Ciencias da Enfermaría na USC no Campus de Lugo.

Analizando precedentes previos doutros títulos que desapareceron despois de pasar a depender doutra Facultade, está máis que xustificado o temor que planea sobre a futuro Escola Universitaria de Enfermería de Lugo.

Por outra banda o Consello Galego de Universidades apoiou,  xa a finais de 2019, abrir a Universidade privada promovida por ABANCA, cos votos da Xunta de Galicia e dos representantes dos Consellos Sociais das Universidades públicas de Galicia.

Preguntámonos se este novo paso ben dado por un intento de desmantelamento do Campus de Lugo e ou forma parte do mesmo plan privatizador.

A fórmula que a EUE de Lugopropón e defende é a da integración na USCcomo centro propio e autónomo, co nome deFacultade de Ciencias da Enfermaría, non existe outra na Universidade compostelá. Como precedentes temos titulacións como Formación do Profesorado que teñen dúas Facultades dentro da Universidade de Santiago ouAdministración de Empresas non existindo ningún conflito por iso, por poñer un exemplo.

Por que ten o Campus Terra Lugo, perder unha Facultade , os coidados tamén están relacionados coa terra? polo que cabe perfectamente no Campus Terra.

No caso da desaparición da, xa consolidada, Escola Universitaria de Enfermería repercutiría dunha maneira nefasta  en toda a provincia de Lugo, cun detrimento non só do Campus Universitario de Lugo,tamén de toda a Área Sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos;agravando a escaseza de profesionais, afectando á calidade asistencial, a investigación e o desenvolvemento do campo da enfermería nos Hospitais da Área Sanitaria Universitario (HULA), Hospital da Costa Hospital de Monforte, así como nos Centros de saúde e todav a rede de Atención Primaria.

Este centro implantado en Lugo no ano 1972, forma parte da idiosincrásia lucense tanto na cidade como na provincia,non podemosdeixar que se degrade a unha sección, nin tampouco perdelo. É a cidadanía e as forzas políticas e sociais da provincia, quen deben reclamar o seu futuro na Universidade de Santiago, mantendo a súa autonomía como Facultade de Ciencias da Enfermaría.

Pola Facultade de Ciencias da Enfermaría en Lugo.

 Asdo.

Comité Pro FACULTADE DE ENFERMARÍA DE LUGO.

EUE de Lugo

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com