A Rede Museística Provincial desenvolverá ao longo da vindeira semana – do 12 ao 18 de maio- unha ampla axenda para conmemorar o Día Internacional dos Museos – 17 de maio – que se celebra internacionalmente baixo o lema “O futuro dos museos en comunidades en constante cambio”
Os catro museos – Museo Provincial de Lugo, Museo do Mar de San Cibrao, Pazo de Tor e Fortaleza de San Paio de Narla – acollerán mais dunha ducia iniciativas que, partindo das coleccións e dos valores patrimoniais dos diferentes museos, poñen en valor a diversidade, a
creatividade e o diálogo intercultural.
A programación pon o foco na mocidade, público obxectivo da maioría das protagonista e protagonista tanto no deseño e coordinación de propostas como as I Xornadas de rol e xogos de mesa -o 10 e 11 de maio na Fortaleza de San Paio de Narla – , o obradoiro Robótica e arte moza, con Enrique Peñalver, -o 18 de maio no Museo Provincial de Lugo- ou o certame “Xunventude en acción: A noite é nosa” que convoca a compartir a través de Instagram creacíons inspiradas nos museos provinciais.