Presentación da vixésimo cuarta edición do Arde Lvcvs

O alcalde de Lugo, Miguel Fernández, presentou esta mañá o programa de actos do Arde Lvcvs, a festa de recreación histórica que chega a súa vixésimo cuarta edición, incorporando novidades dirixidas ao público máis novo, para garantir o relevo xeracional dun evento, que segue a medrar e que aposta por unha maior participación.

A edición deste ano chega con importantes novidades e coa celebración de segundas edicións de actividades que o ano pasado lograron un éxito de público importante. Este é o caso do inicio da festa coas intervencións do druída e de César Augusti na praza Maior, no que simboliza o arranque do Arde Lvcvs; novidades como o espectáculo Misión Salvar a Roma, en colaboración co Club de Esgrima de Lugo, ou o teatro infantil na praza de Santa María; e a celebración das segundas edicións da Palestra ou dos Xogos Panhelénicos.

Cabe destacar que o desenvolvemento do Miúdo Arde, que desde este ano se desenvolverá na Praza da Soidade, nun espacio único e reservado aos cativos e cativas, ou á novidade da sesión de teatro infantil, prevista para a tarde do domingo na praza de Santa María. O responsable da área e da organización desta festa sinalou ademais que “haberá novidades para a mocidade, como os Ritos en honor a Baco, o venres, de 23.00 a 02.00 ao fondo da Praza de Santo Domingo”.

No tocante as actividades deportivas, destaca como novidade deste ano a actividade infantil Misión Salvar a Roma, coa colaboración do Club Lugo Esgrima, que terá lugar na tarde do venres, nas costas do parque Rosalía de Castro.

Máis información en: https://ardelucus.com/uploads/es/240530_ArdeLucus_Programa.pdf

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com