Presentación dos finalistas dos premios Mestre Mateo

A Xunta de Galicia destinará este ano máis de 6,5 millóns de euros ao impulso do sector audiovisual galego. Así o anunciou o delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, durante a presentación dos finalistas dos Premios Mestre Mateo, organizados pola Academia Galega do Audiovisual.

Segundo explicou Arias, a semana pasada convocáronse as subvencións destinadas á produción e coprodución de proxectos audiovisuais galegos, que contan cun orzamento de 3,5 millóns de euros. Esta contía supón un incremento do 16,6 % respecto ao exercicio anterior. Ademais, dentro da planificación prevista para 2026, a Xunta incluirá achegas dirixidas á organización de festivais audiovisuais, á promoción do talento galego e á atracción de rodaxes a Galicia.

A gala de entrega dos Premios Mestre Mateo celebrarase o vindeiro 21 de marzo no Auditorio Fuxan os Ventos, en Lugo. Trátase dunha infraestrutura cultural na que a Xunta investiu 25 millóns de euros, concibida para acoller eventos de relevancia no ámbito cultural e audiovisual.

Durante a súa intervención, o delegado territorial destacou a evolución do sector audiovisual galego, reflectida nas 186 producións inscritas nesta edición dos premios, un dato que, segundo indicou, amosa o dinamismo e a consolidación dun sector en crecemento.

Entre os filmes con nominacións hai obras  de cineastas lugueses. como son as películas Antes de nós, Sirāt ou 360 curvas.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com