Presentación en Paradela de “O reiseñor de Randulfe”

Mañá, venres, ás 5,30 da tarde, no salón de sesións da Casa do Concello de Paradela vai ser presentado o libro O reiseñor de Randulfe, obra póstuma do catedrático e escritor Santiago Rodríguez López, Fillo adoptivo deste Concello.

A obra foi editada pola Xunta de Galicia e o Concello de Paradela, e na presentación participaran o Secretario Xeral da Lingua da Xunta de Galicia, Valentín García Gómez; a Alcaldesa de Paradela, Montserrat Mulet Sar; a nai do autor, Irene López, viuda de Manuel Rodríguez López, Fillo predilecto do Concello de Paradela, e o xornalista Xulio Xiz.

Santiago Rodríguez (Barcelona 1971), era doutor en Xenética pola U.S.C. e Catedrático da Universidade de Bristol, falecendo aos 52 anos en marzo de 2024, deixando inédito este traballo arredor de escritos de Manuel Rodríguez López.

Cun importantísimo labor pedagóxico no eido ca Xenética, Santiago Rodríguez dedicou os maiores esforzos á investigación sobre a obra literaria de seu pai, a súa difusión, e ao mantemento da súa memoria literaria e o papel desempeñado de ponte cultural entre os Galegos en Catalunya e a sua terra de orixe. Un dos logros da dedicación de Santiago Rodríguez á difusión da obra de seu pai, é o Certame literario Manuel Rodríguez López, do Concello de Paradela, que este ano celebra a XXXI edición.

O libro que agora ve a luz ten un limiar de Baldomero Iglesias Dobarrio e un colofón de Xavier Rodríguez Barrio, os dous destacadoas poetas e amigos de Santiago, e da Familia Rodriguez López.

Todos os asistentes á presentación, recibirán cadanseu exemplar desta obra que, próximamente será presentada asimesmo na capital lucense.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com