Rematan as obras de mellora e conexión á rede municipal en seis fontes públicas da cidade

O Concello de Lugo vén de finalizar as obras de conexión á rede municipal de auga potable en seis fontes públicas da cidade. Os traballos, cun investimento total de 29.675,25 euros, culminaron nos últimos días coa execución da nova fonte de auga potabl e unha ornamental no parque do Camiño de Romai, en Albeiros.

As actuacións desenvolvéronse en catro fontes situadas no barrio da Ponte —no enlace con Fermín Rivera, en Pontegaos, na antiga estrada de Santiago e no lugar de Reboredo— onde se realizaron traballos de acometida e conexión á rede pública de auga potable. As intervencións incluíron a execución de zanxas, instalación de tubaxes de polietileno de alta densidade conforme á normativa vixente, colocación de arquetas prefabricadas de formigón, instalación de chaves de paso e elementos de fontanería, así como a reposición de pavimentos e firmes afectados polas obras.

No caso do parque do Camiño de Romai, en Albeiros, executouse a instalación dumha fonte de auga potable, así como dunha nova fonte ornamental, incluíndo o transporte e colocación do elemento, a execución das correspondentes escavacións, a acometida á rede municipal e a instalación dos sistemas de conexión e regulación. Esta foi a última das actuacións en completarse, dando por rematado o conxunto do proxecto.

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com