Rematan as obras de recuperación do Paseo do Rato

O pasado mes de abril e tras o paso da borrasca Olivier que tirou pontes e varandas, deixou o Paseo do Rato con danos de consideración.

Nestes meses leváronse a cabo traballos que consistiron no arranxo das marxes do río, a construción de diques, recheo e adecuación dos paseos, a reposición de cinco pasarelas de madeira, varandas e valados danados pola corrente, un tramo de senda pivotada na conexión coa Tolda de Castela e un banco de madeira. A riada levou consigo 44 metros de estruturas da valla de diferentes características, que foron repostas para garantir a seguridade das persoas usuarias do paseo. Empregáronse técnicas de bioenxeñería sobre 87,5 m2 do paseo e 66 metros de escollera.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com