Rescatadas dúas persoas no encoro do río Cobo en Cervo

Dúas persoas tiveron que ser rescatadas este mediodía no encoro do Río Cobo, no concello lucense de Cervo, despois de que a lancha pneumática na que viaxaban sufrise unha picada.

O 112 Galicia tivo constancia do suceso ás 12:40 horas, a través da chamada dun particular que solicitaba axuda urxente. Segundo relatou, el e unha acompañante atopábanse agarrados a unha boia a uns 200 metros da beira, tras sufrir unha picada na embarcación na que viaxaban.

De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia informouse aos Bombeiros de Viveiro, á Garda Civil e aos efectivos de Protección Civil.

Pouco despois, os servizos de emerxencia confirmaban o rescate exitoso do home e da muller. A pesar de atoparse ambos en bo estado, solicitouse atención sanitaria para a muller, que presentaba un episodio de nerviosismo derivado da situación, polo que desde o 112 Galicia tamén se informou ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com