Rescatado un mariñeiro que caeo ao mar en Celeiro

Contra a medianoite, un particular chamou ao 112 Galicia e alertou de que un home caera ao mar na zona de descarga da lonxa de Viveiro e era incapaz de saír. As persoas que estaban no lugar lanzáranlle un salvavidas, pero permanecía na auga agarrado aos cabos dun barco.

De inmediato, desde o 112 Galicia activouse un operativo para o que se solicitou a participación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, de Salvamento Marítimo, do Servizo de Gardacostas de Galicia, da Policía Nacional, da Garda Civil e do Servizo Municipal de Protección Civil de Viveiro.

Pouco despois, os medios confirmaron que o home atopábase fóra da auga tras ser axudado polos seus compañeiros. Nun primeiro momento permanecía inconsciente, mais poucos minutos despois sinalouse que volveu en si. Con todo, presentaba síntomas de hipotermia e foi atendido polo persoal sanitario.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com