Reunión da Xunta Directiva Provincial e Local do PP

O presidente do PPdeG, Alfonso Rueda, salientou hoxe na Xunta Directiva Provincial e Local do PP de Lugo que “Lugo, tanto a provincia como a súa capital, se verá beneficiado das medidas anunciadas no Debate do Estado da Autonomía: propostas concretas, realistas e pensadas para mellorar a vida dos galegos e galegas”.

Ante os membros da Xunta Directiva Provincial e na que tamén participaron a presidenta do partido na provincia e portavoz municipal, Elena Candia, a secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, e o presidente local, Ramón Carballo, o líder dos populares galegos asegurou que a folla de ruta presentada hai dúas semanas recolle moitas das inquedanzas que os alcaldes e voceiros trasladaron desde cada un dos seus territorios.

Entre as medidas, Rueda destacou o maior plan de residencias públicas da historia para concellos pequenos e medianos, que nesta provincia terá un impacto moi importante, ou as axudas para a rehabilitación de vivendas baleiras, fundamentais para fixar poboación no rural e para loitar contra o despoboamento.

Así mesmo, falou das accións de apoio á pesca e á alimentación saudable, como os bonos para consumo de peixe fresco por 50 euros, o chamado Bono Peixe; as medidas fiscais para apoiar ás familias, como a ampliación das desgravacións para libros de texto; ou os investimentos estratéxicos en innovación con marca propia, I+G+i, para que tamén en Lugo se poida crear emprego cualificado e competitivo.

O presidente do PPdeG deixou claro que non son promesas, senón realidades en marcha, porque iso é gobernar: escoitar, actuar e anticiparse. En resumo, aplicar o Estilo Galicia, baseado na moderación, no diálogo, no traballo e nos resultados concretos, buscando solucións prácticas á vida da xente.

Pola súa banda, Elena Candia, salientou que o Partido Popular suma 35 alcaldías na provincia, que supoñen máis do 52% dos concellos, tras incorporar O Valadouro e Viveiro nos últimos meses e onde o PP xa fora a forza máis votada nas últimas municipais. “Continuamos buscando acordos que repercutan no ben dos nosos concellos, dos nosos veciños e do noso proxecto político”, subliñou.

Candia defendeu que o partido está a realizar “un gran traballo” na provincia e que o fai ademais “dun xeito continuo no día a día da cidade e de tódolos recunchos provincia” da man dos seus representantes nas distintas institucións, co obxectivo de atender as necesidades trasladadas polos veciños e, de ser o caso, facer consultas, impulsar propostas e, tamén, acompañando aos lucenses nas actividades de dinamización social.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com