Samos reencóntrase coa súa historia coa presentación da primeira edición en galego do Tombo de Samos

A antiga biblioteca de Samos acollera mañá 14 de novembro, ás 19.30 horas – a presentación de “O Tombo de Samos”, editado por Pablo Quintana da la Editorial Canela que contou coa colaboración do Concello de Samos e outras institucións.

Trátase da primeira edición en galego do códice do mosteiro samonense que data do século XIII e que se conserva no Arquivo Histórico da Universidade de Santiago de Compostela.

O volume recolle as 287 pezas documentais que conforman o tombo orixinal -documentos reais, eclesiásticos, nobiliarios ou relativos á organizacion, administración e funcionamento do mosteiro que abarcan do ano 785 ao ano 1209-, traducidas ao galego por Xaime Félix López Arias.

Este proxecto editorial ten como fin  poñer ao alcance de todas as persoas interesadas esta xoia documental que ten as claves da historia do Mosteiro de Samos pero tamén de toda a súa zona de influencia.

Os documentos do tombo de Samos están dixitalizados e dispoñibles na biblioteca dixital Galiciana, mais non contaban ata agora cunha edición completa en papel en galego.

Foto: Chus López, alcaldesa de Samos e o editor Pablo Quintana.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com