A subdelegada do Goberno en Lugo Olimpia López, visitou os traballos de conservación do firme que o Ministerio de Transportes y Movilidad Sostenible retomou tras a mellora do tempo. A actuación forma parte dun contrato plurianual para reforzar a rede estatal na provincia de Lugo.
Os labores actuais consisten no fresado e reposición do pavimento con afeccións limitadas ao tráfico. Posteriormente intervirase noutros puntos deteriorados da vía, como o tramo entre Chantada e Carballedo.
Segundo indicou, estas actuacións intégranse nun plan máis amplo de mellora das estradas estatais e lembrou que desde 2018 o Executivo central investiu máis de 120 millóns de euros na provincia, sinalando tamén a importancia da coordinación con administracións como a Xunta de Galicia nas vías da súa competencia.






