O Concello de Lugo urxe á veciñanza a tramitar o acceso con vehículos ao casco histórico. O prazo para realizar o trámite remata o 30 de setembro para realizalo hai que acudir as instalacións do Edificio de Novas Tecnoloxías ou á Unidade de Mobilidade da Policía Local co fin de realizar a solicitude. Estes puntos de atención foron habilitados especificamente para facilitar o proceso e garantir que todos os cidadáns que cumpran cos requisitos poidan obter a súa autorización de acceso. O Concello lembra que este trámite é fundamental para asegurar a mobilidade na zona histórica, ao tempo que se preserva o seu carácter patrimonial.
Para realizar o trámite, o primeiro paso é contactar telefonicamente co 982 297 377 onde se asignará unha cita presencial e se indicará a documentación requirida para tramitar a solicitude. Ademais, o trámite pode realizarse de maneira telemática a través da sede electrónica do concello.