Quedan suspendidas durante o día de hoxe e mañá as rutas en catamarán que ofrece polo río Sil para facilitar os labores de extinción dos lumes. A Deputación de Lugo responde así á petición do Posto de Mando Avanzado da Xunta de Galicia, encargada da coordinación e xestión da extinción dos incendios forestais, para permitir que os hidroavións poidan recargar con seguridade os depósitos de auga.
Esta medida prolongarase os vindeiros días en caso de ser necesaria e as persoas que se vexan afectadas poderán optar á devolución do importe do billete ou cambialo para realizar a ruta noutra data.