Todos os colexios públicos de Lugo dispoñen do servizo madrugadores

Na Xunta de Goberno celebrada hoxe onde se aprobaron asuntos das concellerías de Participación e Educación, aprobouse que todos os colexios públicos de Lugo dispoñan do servizo madrugadores, así o indicou a concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, sinalando que con esta nova “se reforza a conciliación familiar”.

O investimento do concello neste ámbito supera o millón de euros anuais, garantindo unha resposta ás necesidades reais das familias lucenses. O servizo de madrugadores comeza en quendas desde as 7:30 da mañá, facilitando así a vida das familias con horarios especiais motivados, en moitos casos, polos servizos de transporte escolar.

Ademais, referente á área de Participación e Servizos para a Veciñanza, aprobouse a concesión dunha serie de postos de venta no Mercado de Frigsa, “reforzando a actividade comercial e o servizo á veciñanza nesta instalación municipal”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com