Tomé e García Porto reprobados cos votos de PP e BNG

No pleno celebrado hoxe na Deputación de Lugo, foron reprobados, a petición dos populares, o xa e expresidente da Deputación José Tomé e  a deputada Pilar García Porto, un por presunto acoso sexual e a deputada por intentar tapar as denuncias que se fixeron na canle interna do PSOE de Lugo.

Na súa exposición da proposta o  portavoz do PP na Deputación  Antonio Amejide acusou a Tome de non querer abandonar o cargo a García Porto de “encubridora. Tamén estendeu as súas acusacións A exalcaldesa Lara Méndez e a Gómez Besteiro.

Ameijide tamén cargou contra o BNG quen como afirmou, “segue inmerso nun dilema ao que non dá resposta: se están dispostos a formar parte dun goberno para o que precisa o apoio imprescindible de José Tomé e Pilar García Porto, aos que acabamos de reprobar”

Os populares preguntaron aos responsables do BNG “como van a mirar á cara das mulleres e homes que os votaron, mentres pactan con presuntos acosadores sexuais e con quen recoñeceu hoxe publicamente que o sabía todo e non fixo nada ata que saíu na televisión”

Coa renuncia de Tome como presidente da Deputación, o Vicepresidente Castro exercerá estas un funcións ata o vindeiro pleno que está convocado para o día catorce de xaneiro

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com