O Ministerio de Transportes e Movilidad Sostible finalizou a construción do túnel de Oural, un fito no desenvolvemento da renovación integral e modernización do corredor Ourense-Monforte de Lemos-Lugo, que conecta coa rede de alta velocidade en Ourense.
A posta en servizo deste túnel terá lugar o próximo 23 de setembro.
O novo túnel, de 1,9 km de lonxitude e 52 m2 de sección, albergará, na súa configuración definitiva, unha vía única electrificada montada sobre placa de formigón (vía en placa), tal e como está configurado o resto do traxecto. Os labores de conexión coa rede ferroviaria levarán a cabo entre o 20 e o 22 de setembro, incluíndo un simulacro do plan de autoprotección de Adif. Durante eses días, haberá un Plan Alternativo de Transporte para garantir a mobilidade dos viaxeiros.
A partir da posta en explotación do novo túnel, comezarán os traballos para converter o actual túnel nunha galería de evacuación. Para iso, levantaranse a vía e o resto dos elementos ferroviarios e acondicionarase o tubo para poder permitir unha evacuación segura en caso de necesidade. A galería de evacuación será apta para vehículos de mantemento ou emerxencia e o túnel dispoñerá de vía en placa e pasos biviales, que permitirán o acceso a vía de vehículos rodados. O novo túnel contará con tres saídas de emerxencia (una cada 500 metros, aproximadamente), que conectarán coa galería de evacuación na que se converterá o túnel actual.
PLAN ALTERNATIVO DE TRANSPORTE Para garantir a mobilidade dos viaxeiros de longa e media distancia durante os traballos previos á apertura do túnel que manterán esta infraestrutura pechada, Renfe habilitará un servizo alternativo de transporte por estrada entre o 20 e o 22 de setembro. En concreto, o operador ferroviario poñerá ao dispor dos usuarios 22 autobuses para cubrir oito roteiros: seis de media distancia con transbordos por estrada entre Rábade, Ourense, Monforte de Lemos e Lugo, e dous roteiros de longa distancia Madrid – Lugo con autobuses no tramo entre Lugo e Monforte de Lemos.