Logo do anuncio feito apresantonte polo Secretario Xeral do PSdG Xosé Ramón Besteiro de que o Ministerio de Transición Ecolóxica e Reto Demográfico (Miteco), de que Altri será excluída da planificación eléctrica 2025-2030, a Plataforma Ulloa Viva “lamenta profundamente” o anuncio feito hoxe público por Altri-Greenalia de que estuda “presentar alegacións” contra a súa exclusión da planificación eléctrica 2025-2030 do Ministerio de Transición Ecolóxica e Reto Demográfico (Miteco). Ulloa Viva considera “unha oportunidade perdida por Greenfiber para desistir dunha vez por todas dun proxecto que non ten electricidade, nin auga, nin lexitimidade social”. Diante das afirmacións da pasteira lusa, a Plataforma insiste en que “xa está ben de seguir tomándonos por parvos e analfabetos facendo un uso perverso da linguaxe”.
Ulloa Viva subliña que “Altri que agora defínese como “enerxeticamente neutra e descarbonizadora, que foi o seu propio CEO, José Soares de Pina, quen dixo aos medios en xuño de 2023 que a macrocelulosa en Palas de Rei emitirá á atmosfera 0,1 toneladas de dióxido de carbono (CO2) por cada tonelada de produto que saque ao mercado”.
A Plataforma convida a Altri a facer unha simple operación matemática segundo os datos de produción do seu Proxecto Gama “400.000 toneladas de pasta de celulosa e outras 200.000 de liocel ao ano significa unha pegada de carbono da planta de 60.000 toneladas de CO2”.
“Esta industria, insisten dende a plataforma, nin a pedimos nin a necesitamos”, e cualifica como “o colmo do descaro” que Altri-Greenalia diga que a súa exclusión da planificación eléctrica do Miteco deixaría fóra do mapa do desenvolvemento económico e industrial a toda a provincia de Lugo os vindeiros anos.
Ulloa Viva advirte tanto á empresa como á Xunta de Galicia que “estaremos vixiantes e estamos preparados para seguir loitando en todas as vías posibles e con todos os recursos nas nosas mans contra un proxecto que atenta contra o noso territorio, contra o noso modo de vida, o noso modelo socio-económico e contra a nosa saúde e a dos nosos fillos e fillas”.