Un condutor queda atrapado tras envorcar o vehículo que conducía en Lugo

Pasaban uns minutos das sete desta mañá cando unha chamada ao 112 Galicia puxo o foco nun coche envorcado na LU-530, no punto quilométrico 6, na mesma cidade de Lugo.

Quen comunicou os feitos a través do número de emerxencias explicou que o único ocupante do turismo tiña dificultades para saír, polo que os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia avisaron aos Bombeiros de Lugo.

Tamén os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 comprobaron a situación do condutor e confirmaron a necesidade de medios de rescate para liberar o ferido.

Unha vez fóra do vehículo, foi atendido polo equipo médico e trasladado ao HULA.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com