Pasadas as nove desta noite, o 112 Galicia recibiu un aviso dos voluntarios de Protección Civil de Cervantes sobre a suposta desaparición dun veciño que marchara a traballar nunha leira co tractor.
Tras revisar, os voluntarios localizaron o home falecido a carón do tractor. Sen embargo, segue sen estar claro que a orixe do suceso fose un accidente co vehículo.
Os voluntarios de Protección Civil decántanse por unha caída fóra do tractor, pero deberán determinar as causas as autoridades competentes. Así, ademais dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, o 112 Galicia alertou aos axentes da Garda Civil.