Testemuñas do accidente informaron, a través do 112 Galicia, que viron como o coche se saíu da vía e caeu desde a ponte, á altura da Rúa do Peregrin, en Sarria.
Tamén engadiron que a vítima estaba atrapada e era necesaria a intervención dos bombeiros. Deste xeito, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia solicitaron a axuda dos efectivos do parque comarcal de Sarria, quen, finalmente, rescataron o condutor, aínda que xa estaba falecido.
Igualmente, revisaron a contorna co afán de descartar que viaxasen máis persoas no coche, mentres que os axentes da Policía Local recollían información sobre como aconteceron os feitos. De momento, as causas non están claras, pero apuntan a que puido deberse a unha mala manobra, pues o vehículo caeu cando daba marcha atrás.
Cómpre indicar que os alertadores contactaron co 112 apenas uns minutos antes das catro desta tarde e, decontado, foron activados os protocolos para a mobilización dos recursos de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Sarria, voluntarios de Protección Civil e axentes da Policía Local e da Garda Civil de Tráfico.






