O accidente tivo lugar na estrada LU-P-1611, entre os puntos quilométricos 4 e 5, ao seu paso pola parroquia de Marei.
O 112 Galicia recibiu o aviso ao fío das 21:20 horas, a través das chamadas de varios particulares que alertaban de que un vehículo se saíra da vía e comezara a arder. Nas súas chamadas, os alertantes xa advertían da gravidade do suceso, indicando que, a pesar de que lograran sacar aos ocupantes do interior do vehículo, un deles podería estar falecido.
De inmediato, dende o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Sarria e á Garda Civil de Tráfico.
Unha vez finalizada a intervención, os equipos de emerxencia desprazados ao lugar confirmaron que o vehículo no que viaxaban un home e unha muller ardera por completo e que, desgraciadamente, o home, perdera a vida no accidente, mentres que a muller foi trasladada ao Hospital Universitario Lucus Augusti.