Un incendio afecta a unha subestación eléctrica en Viveiro

No punto están a traballar as dotacións dos parques de Viveiro, Barreiros e o Eume. Tamén contan coa colaboración dos membros do Servizo Municipal de Protección Civil de Viveiro, dun equipo de Incendios Forestais procedente da Pontenova e dos axentes da Policía Nacional e Local.

Este amplo dispositivo foi configurado para facer fronte a un incendio declarado nunha subestación eléctrica situada en Santo André de Boimente, Viveiro. O incendio, así como pequenos estoupidos, foron percibidos por varias persoas, que chamaron ao 112 Galicia pouco despois deste mediodía para dar conta do suceso. Isto permitiu que se puxeran en marcha os medios e comezaran as labores de extinción. Sen embargo, para atallar a situación coas mellores garantías, dicían os Bombeiros de Viveiro, con experiencia nesta subestación -houbo algún incendio anterior-, que serían necesarios recursos extras, como os medios mobilizados desde o Eume, Barreiros e Incendios Forestais da Pontenova, e outros específicos como un espumóxeno que proporcionan desde Alcoa.

Ademais, precisábase a colaboración da empresa responsable da subestación, xa que era imprescindible o corte total do subministro para que os medios de extinción puidesen traballar en condicións de seguridade. Así, avisouse á compañía e os seus técnicos acudiron ao lugar para participar no operativo.

Por fortuna, ninguén resultou ferido, pero, desde o 112 Galicia, mantense a Urxencias Sanitarias de Galicia-061 en pre alerta por se fose necesaria a súa intervención.

Polo de agora, todos os recursos seguen traballando no punto.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com