Minutos antes das 10 horas, unha familiar da persoa accidentada explicou ao 112 Galicia que esta sufrira un accidente nunha finca da aldea de Guillande, no Páramo. Durante a comunicación, sinalou que a ferida estaba liberada, pero precisaba asistencia sanitaria urxente.
Decontado, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participou Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Sarria e a Garda Civil.
Unha vez no punto, a Garda Civil confirmou que a persoa resultara ferida ao caerlle enriba dunha perna varias pedras dun muro, e que foi evacuada ao hospital de referencia a bordo do helicóptero medicalizado de Urxencias Sanitarias de Galicia-061.