Unha persoa foi excarcerada tras saírse da vía co seu coche en Cervo

O 112 Galicia foi coñecedor do suceso uns 10 minutos antes das 13:00 horas. Polo que indicou un alertador, un coche sufrira unha saída de vía e quedara sobre a barreira de seguridade, no quilómetro 3 da LU-P-1510. Había unha persoa no interior do vehículo que era incapaz de saír.

Con esta información, os xestores do 112 Galicia avisaron ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Viveiro, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Cervo.

Unha vez no punto, a dotación de bombeiros empregou o material de excarceración para liberar a vítima do coche, o cal caera por un terraplén tras saírse da vía. O ferido foi atendido e trasladado polo persoal sanitario.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com