A asociación de veciños da Milagrosa pide que, a maior brevidade, á Concellería de Infraestruturas do Concello de Lugo “se pinte un paso de peóns na confluencia entre a Avenida dá Coruña, a rúa Río Narla e rúa reverendo Xosé Fernández Núñez, un punto cunha elevada densidade de tránsito peonil, especialmente en horas punta, e que actualmente carece dun paso de peóns nas súas inmediacións”.
Esta reivindicación que tamén a ven facendo o Partido Popular dende hai tempo, semella ser que cae en saco roto, pero o perigo por atropelo é moi alto para os peóns que se arriscan a cruzar neste lugar. Trátase dunha zona moi concorrida pola que cruzan diariamente centos de peóns, e dado o volume do tráfico, a falta dun paso de peóns nas proximidades eleva o rico de accidente, tal e como como xa ten acontecido.
Asemade a asociación, quere lembrar “a solicitude de creación dun paso de peóns na rúa Río Cabe, á altura aproximada do número 20, onde se detectou unha ampla demanda veciñal. Os pasos existentes nesa vía atópanse a unha distancia considerable entre si, o que obriga aos peóns para realizar longos rodeos ou a cruzar por zonas sen sinalización, aumentando o risco de accidentes”.