Visita do Secretario de estado de Memoria Democrática ao Vello cárcere

O secretario de Estado de Memoria Democrática, Fernando Martínez, visitou hoxe Lugo acompañado polo delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, a comisionada para os 50 anos de España en Liberdade, Carmina Bustrán, e a subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez. Tras manter unha reunión “moi positiva” co alcalde, Miguel Fernández, desprazouse ao Vello Cárcere, onde comprobou o resultado da rehabilitación integral deste inmoble histórico aberto á cidadanía e comprometeuse a estudar a proposta do Concello de Lugo para que este espazo sexa declarado Lugar da Memoria Democrática.

O secretario de Estado,  subliñou que “o edificio do Vello Cárcere xa é un memorial, e destacou que estean os nomes de todos os presos do franquismo que estiveron encarcerados moitos represaliados polo franquismo”

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com