Xornada de clausura da Semana de Cine de Lugo

Na xornada de clausura da Semana de Cine de Lugo que terá lugar mañá sábado, ás 13,00 h., no Paseo do Cine de Lugo, renderase homenaxe a María Vázquez, actriz que descubrirá a súa placa neste paseo, e recibirá exemplares do libro “María Vázquez, de María a Matria”, de Manuel Curiel, Director da Semana.

Intervirán neste acto Manuel Antonio Fernández Piñeiro, Director provincial da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia e Iria Castro, Deputada provincial de Cultura. Non participarán representantes do Concello de Lugo, en virtude da declaración de Loito oficial polo pasamento do Concelleiro Pablo Permuy, do grupo do Psdg-Psoe.

No descubrimeno da placa de María no Paseo do Cine vai intervir, representando ao Concello de Chantada, onde ela reside, o concelleiro Diego Otero Veiga. Os asistentes a este acto recibiràn gratuitamente cadanseu exemplar do libro-homenaxe.

Unha segunda placa vai ser descuberta na honra de Enrique Muiño, “o gaucho galego”, un grande do cine arxentino que naceu no concello coruñés de A Laracha, e foi homenaxeado na Semana XXXII, en 2010. Quinte anos despois, dentro da recuperaciòn para o Paseo dos homenaxeados anteriormente, incorpórase a Enrique Muiño ao Paseo do Cine de Lugo, que con estas dúas incorporacións alcanza un total de 15 placas: Antonio Mourelos, Prudencia Grifell, Luis Tosar, Carmen Correa, Luis Iglesia, Frank Braña, María Casares, Margarita Ledo, Irmáns Coira, Eduardo Fajardo, Baños Films, Melania Cruz, Ánxel Fole, María Vázquez e Enrigue Muíño.

Descubriran a placa de Enrique Muiño os representantes do Concello de A Laracha, membros do equipo de goberno, Ramón Martínez Barbeito e María Rocío López Rey.

Asemade, na sesión de clausura da Semana (Auditorio Gustavo Freire, 22,00 h.), vaise proceder á entrega dos premios do concurso de ESCAPARATES DE CINE, convocado polo Grupo Fonmiñá e Lugo Monumental con motivo da XLVII Semana de Cine.

Os tres premios instituidos están dotados con cadanseu trofeo. O primeiro será recibido pola empresa do Hotel Pazo de Orbán. O segundo premio é para Óptica Latorre. E o terceiro, para a Farmacia de La Cruz.

Na Biblioteca provincial estivo aberta durante todo o verán, a exposición de ata quince bosquexos do cartel da Semana de Cine, obra do lucense Primitivo Marcos. Varios destes bosquexos, doados polo autor, vanse sortear entre os asistentes á proxección de clausura, para o que se entregarán na entrada os correspondentes numeros que entrarán neste sorteo.´

Fonmiñá agradece a Prmitivo Marcos o seu minucioso traballo, e a doazón destes bosquexos que, sen dúbida, serán do maior interese para os cinefilos lucenses.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com