Xosé Ramón Gómez Besteiro foi o convidado este ano a ler o pregón do San Froilán de Nou Barris en Barcelona, ao acto acudiu tamén a alcaldesa de Burela e deputada de Economía, Recadación, Facenda e Especial de Contas, Carmela López Moreno.
O San Froilán de Nou Barris, a gran festa galega de Barcelona que cada ano reúne a centos de persoas. O secretario xeral do PSdeG e expresidente da deputación de Lugo puxo en valor a unión entre Galicia e Barcelona e a forza da emigración galega en Cataluña. A continuación, López Moreno participou no izado das bandeiras galega e catalá, un símbolo que arroupou a banda de gaitas da ACG Rosalía de Castro de Cornellà interpretando os himnos de Galicia e Cataluña, nun dos momentos máis emotivos da xornada.
O San Froilán de Nou Barris continuará durante toda a fin de semana cun amplo programa cultural, musical e relixioso, no que a Deputación de Lugo estará presente apoiando á diáspora galega.