1-0 O CD Lugo gaña ao Córdoba CF baixo unha intensa choiva

Tarde de intensa choiva a de hoxe no Anxo Carro e na que o conxunto de Luís César recibía ao Córdoba CF nun encontro complicado dende o inicio polas duras condicións meteorolóxicas. Ambos os equipos trataban de impoñer o seu ritmo baixo o temporal, nun céspede rápido e complicado para o control. O balón longo predominaba no avance dos dous equipos, aínda que era o CD Lugo, máis valente e directo, obrigaba aos andaluces para encerrarse en campo propio, limitando a súa saída a envíos longos sobre Juli.

Coa primeira metade a piques de extinguirse, ía ser o CD Lugo quen lograría adiantarse no marcador, golpeando primeiro ao seu rival. Non podía ser outro, Joselu ía ser o encargado de anotar o tanto da vantaxe.

A segunda parte ofrecía unha continuación no dominio dos locais en todas as facetas do xogo. Máis ritmo, máis intensidade e mellores chegadas a meta rival que o Córdoba CF, os de Luís César gobernaban un choque difícil e intenso, que non perdía velocidade tras o paso por vestiarios. Máis presenza por parte local en ataque e as opcións do CD Lugo que seguían crecendo minuto a minuto.

O choque seguía o seu desenvolvemento con protagonismo especial para os locais, que seguían chegando con moito perigo ás inmediacións da meta cordobesa. Pronto se ía a atopar o conxunto albivermello cunha dobre ocasión magnífica que, de novo, aproximaba o tanto á marcadora local. Primeiro Caveira, nun centro que, desviado pola zaga, estrelábase na cruceta; e tras isto, un remate de I.Miquel que golpeaba con violencia o traveseiro dun Kieszek superado.

O segundo período facía xustiza a un CD Lugo superior, moi seguro na súa disposición defensiva, e ambicioso en cada unha dos seus achegamentos. Ocasións para Joselu e para Iriome que non lograban conectar con garantías.

Remataba o encontro coa vitoria do CD Lugo e pensando xa no próximo partido ante o Sevilla Atlético.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com