4 millóns de euros, o compromiso do goberno de Lugo co rural

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, xunto ao voceiro municipal e Concelleiro de Medio Rural, Miguel Fernández, participan hoxe no tradicional encontro anual organizado polo Concello nas casetas do polbo cos pedáneos e pedáneas das 54 parroquias do municipio, “territorio co que o Goberno practica un compromiso de apoio e dinamización socioeconómica”, con medidas como a consignación nos orzamentos de 4M€ no que vai de mandato para servizos públicos básicos (alumeado, roza, asfaltado, abastecemento ou saneamento), a implantación de vantaxes fiscais -bonificación do 95% da cota íntegra do IBI das construcións dedicadas a actividades agrogandeiras e reducción dun 50% do ICIO nas licenzas de explotacións gandeiras, agrícolas e forestais-, así como a posta en marcha dunha Oficina Municipal de Asuntos do Rural, que ofrece apoio especializado, información e asesoramento á veciñanza.

No encontro, ao que tamén asistiron as concelleiras de Benestar Social, Igualdade e Inclusión, Ana González Abelleira, e de Concello e Cidadanía, Rosana Rielo, participan unhas 80 persoas. “Traballamos para que o noso rural, que ten un peso específico en Lugo, pois representa o 10% da poboación e o 80% do territorio, sexa un lugar de oportunidades, que se poida vivir no rural e do rural”, subliñou a Alcaldesa.

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. Túzaro
    Nov 05, 2018 - 06:59 PM

    Xa, pero se o rural supón o 10% da poboación de Lugo, tamén supón o 10% dos ingresos (do que dan Xunta e Estado por poboación, por ingresos do rodaxe, da contribución, etc.).

    Entón, se os presupostos anuais do Concello de Lugo son duns 90 millóns de euros, ao rural deberían corresponderlle 9 millóns de euros anuais, 36 millóns de euros en catro anos.

    E estes presumen de que destinan só 4. Pouca vergonza !!!!

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo