764 escolares traballan coas emocións nun proxecto educativo da Fundación Meniños

A Deputada de Promoción Económica e Social, Sonsoles López Izquierdo, mantivo esta mañá un encontro con alumnos de infantil do CEIP San Ciprián, no Concello de Cervo, que están a participar no proxecto Viaxe ao reino das emocións da Fundación Meniños. O Goberno da Deputación destina 8.500 euros a dito colectivo lucense para o desenvolvemento desta nova proposta baseada na educación emocional, na que participaron 764 alumnos de 20 colexios da provincia.

Nesta iniciativa, dirixida a nenos e nenas de 4º, 5º e 6º de Educación Infantil, así como de 1º e 2º de Primaria, os alumnos descubriron e adquiriron competencias emocionais, como a autoestima, a empatía, a conciencia ou a resolución de conflitos a través dun conto e actividades tales como xogos de cartas, vídeos, cancións, baile e obradoiros manuais. Os obxectivos deste proxecto educativo é favorecer o desenvolvemento integral a nivel persoal dos cativos, previr a aparición de condutas negativas e facilitar ás familias do alumnado ferramentas que lles permitan exercer unha parentalidade positiva.

López Izquierdo cualificou esta experiencia “como fantástica, hoxe puidemos comprobar como os nenos e nenas de Cervo desenvolvese cunha facilidade impresionante, e como son capaces de traballar e amosar as súas emocións a través de xogos sinxelos, e neste caso, a través do proxecto Viaxe ao reino das emocións da Fundación Meniños co que colaboramos”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com