A delincuencia descendeu un 5% en Cervo

A subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, e o alcalde de Cervo, Alfonso Villares, copresidiron esta mañá a
reunión ordinaria da xunta local de seguridade do municipio, na que analizaron a evolución da delincuencia no concello durante o ano pasado e informaron das accións que se desenvolveron no último curso académico para mellorar a convivencia e a seguridade nos centros de ensino de Cervo, entre outros asuntos.

Tanto a subdelegada do Goberno como o alcalde de Cervo constataron na reunión o descenso da delincuencia rexistrada ao longo do ano pasado no municipio. Ademais da subdelegada e do alcalde, na reunión participaron representantes da Garda Civil, o Subsector de Tráfico, a Policía Autonómica e a Policía Local.

Segundo os datos oficiais presentados esta mañá, a taxa de criminalidade en Cervo sitúase nas 12,87 infraccións por cada mil habitantes, máis de oito puntos por debaixo da media provincial e máis de catorce por debaixo da media galega.

As estatísticas da Garda Civil que se espuxeron na xuntanza revelan que a delincuencia experimentou un descenso do 5,17% en Cervo no ano 2017 con respecto ao ano anterior. A taxa de esclarecemento dos delictos de maior consideración (graves e non graves) foi do 60,8%.

No balance, salienta especialmente a reducción dos delictos contra o patrimonio que baixaron un 10%. Tamén diminuiron un 15,78% os delictos leves. Pola contra, aumentaron un 14% os delictos contra a seguridade colectiva, entre os que se inclúen os delictos contra a seguridade vial e contra a saúde pública.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo