A estación de tren xa conta con 150 prazas de aparcamento

A Alcaldesa de Lugo, a Presidenta de ADIF, Isabel Pardo de Vera, o Deputado de Relacións Institucionais, Álvaro Santos, e a Subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, comprobaron esta tarde as actuacións que vén de acometer o Administrador de Infraestruturas Ferroviarias en Lugo. Trátase do acondicionamento dun novo aparcadoiro nas inmediacións da estación de tren, unhas obras cun orzamento de 105.000 euros, que comezaron a mediados de xullo.

A rexedora, quen agradeceu a implicación que ten ADIF e a propia presidenta con Lugo, subliñou que se trata dun “paso máis nos acondicionamentos da cidade e de seguir humanizando espazos que se vaian facendo, pero que o gran obxectivo é a tan necesaria Intermodal e as imprescindibles estruturas ferroviarias para que Lugo non quede illado”.

Polo súa banda, a presidenta de ADIF, que xunto á Alcaldesa confirmou actuacións de acondicionamento da Praza Conde Fontao, avanzou que se está traballando para impulsar a Lugo, “que ten un problema de mobilidade que hai que solucionar con igualdade de condicións, tamén en temas de intermodalidade, co resto de cidades de Galicia e o territorio”.

O aparcadoiro acondicionosue nunha parecela de 2.500 metros cadrados que quedou libre xunto á estación de tren cando a terminal de mercadorías se trasladou ao Ceao. Ten unha entrada e saída de vehículos que dá á Praza Conde Fontao e un acceso peonil. Esta nova área de estacionamento non só dará servizo ás persoas usuarias da estación de tren, senón aos veciños que traballan na contorna.

O PP pide que a rexedora estea á altura

Ao fío da apertura desta nova dotación os populares piden á socialista “que se aplique” e que tome exemplo a celeridade coa que se xestou este proxecto, contrapoñendo a “lentitude coa que o Concello de Lugo tramita calquera asunto que cae nas súas mans e que, nestes últimos días, se viu reflictida no futuro do Centro Integral de Saúde da Residencia que leva un ano e dous meses agardando que a alcaldesa asine o convenio de colaboración”.

Os populares insisten en que é preciso sinalizar de forma axeitada o tráfico na rotonda de Conde Fontao, “na que o principal problema se deriva de que non está claro se alí existe unha glorieta ou non, o que afecta moi seriamente á circulación e ás prioridades”, conclúen.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com