A Xunta inicia os trámites para poder desdobrar a vía rápida entre Lugo e Sarria

Sarria achegará distancias con Lugo despois de que a Consellería de Infraestruturas e Vivenda execute o desdobramento do Corredor que une A Pobra de San Xiao e Sarria, convertíndoo así, en autovía. 

En total, comezaranse as obras nun primeiro tramo de 11,5 km que son de prioridade máxima para o goberno autonómico, debido á mala orografía desa zona, que non permite posibilitar adiantamentos no corredor. Preto de 12 quilómetros que se percorrerán en 10 minutos, seis menos que actualmente. Comeza así a Consellería a realizar o proxecto de trazado para poder iniciar canto antes o proxecto construtivo. Probablemente, para 2020 podamos ter executada esta obra que unirá Sarria a Lugo en tempo récord.

Ethel Vázquez destacou que se trata dun novo impulso ás infraestruturas que vertebran o interior de Galicia, “que se suman aos esforzos que fixemos nos últimos anos, en plena crise económica, e, dende 2009, coa posta en marcha de máis de 200 quilómetros de vías de altas prestacións executadas, libres de peaxe”.

 

Novas relacionadas

  1. Toni
    Xuñ 25, 2018 - 09:24 PM

    ¿¿¿30 km en 6 minutos???.
    Moito correr me parece….

    Reply
    • Xornal de Lugo
      Xornal de Lugo
      Xuñ 25, 2018 - 09:36 PM

      Certo. Moita velocidade. Foi unha errata na explicación que aínda estabamos actualizando o artigo. Os 6 minutos correspóndense ao tempo que se rebaixará ao percorrer o tramo de 11.5 quilómetros que se desdobrarán nun primeiro momento.

      Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo