Adxudicadas as obras de mellora do firme entre Cea e A Barrela, en Carballedo

A Consellería de Infraestruturas e Vivenda vén de adxudicar as obras de reforzo do firme na estrada entre Cea e A Barrela (LU-901), ao seu paso polo Concello de Carballedo, cun investimento de máis de 436.000 euros. Estas actuacións, que comezarán en maio, foron adxudicadas á empresa Grupo Bascuas 2008, S.L., cun prazo de execución de 4 meses.

Os traballos complementan aos levados a cabo pola Xunta en 2016 mediante as que se ampliou a plataforma da estrada LU-901, que tiña aproximadamente 5 metros, ata acadar os 6 metros. O proxecto adxudicado permite completar a rehabilitación do firme desta vía a través da extensión dunha nova capa de rodadura en toda a sección, salvo nas travesías nas que xa se actuou con anterioridade.

Ademais executaranse 1.035 metros de cuneta transitable para continuar ás executadas no ano pasado e melloraranse 8 obras de drenaxe transversal.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo